NOVA PROBA DE SELECTIVIDADE PDF Imprimir Correo-e

Publicouse a nova regulación das probas de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galicia que pasamos a resumir:

  

 

ESTRUCTURA

 

A proba de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao estrutúrase en dúas fases denominadas respectivamente

  

FASE XERAL

Ten por obxecto valorar a madurez e destrezas básicas que debe alcanzar o estudante ao finalizar o bacharelato para seguir as ensinanzas universitarias oficiais de grao, especialmente no que se refire á comprensión de mensaxes, o uso da linguaxe para analizar, relacionar, sintetizar e expresar ideas, a comprensión básica dunha lingua estranxeira e os coñecementos ou técnicas fundamentais dunha materia de modalidade. Consta dos exercicios: 

 

de carácter voluntario, ten por obxecto a avaliación dos coñecementos e a capacidade de razoamento nuns ámbitos disciplinares concretos relacionados cos estudos que se pretenden cursar e permite mellorar a cualificación obtida na fase xeral.

 Na fase específica cada estudante poderá examinarse dun máximo de tres materias de entre as de modalidade do segundo curso de bacharelato, que deberán ser distintas da materia de modalidade elixida para a fase xeral. Os exercicios de cada unha das materias elixidas polo estudante consistirán na resposta por escrito a unha serie de cuestións adecuadas ao tipo de coñecemento e capacidades que deban ser avaliadas e cun formato de resposta que garanta a aplicación dos criterios obxectivos de avaliación previamente aprobados. Os exercicios presentarán dúas opcións diferentes entre as cales o estudante deberá elixir unha.

 

A duración de cada un dos exercicios será dunha hora e media. O estudante indicará na solicitude de matrícula para a proba de acceso, as materias de modalidade das cales se examinará na fase específica e que, en todo caso, non poderán coincidir coa materia de modalidade escollida para a fase xeral. Cada unha das materias das cales se examine o estudante na fase específica cualificarase de 0 a 10 puntos, con dúas cifras decimais. Considerarase superada a materia cando se obteña unha cualificación igual ou superior a cinco puntos.

 

SUPERACIÓN DA PROBA

 

Considerarase superada a proba de acceso á universidade cando o estudante obtivese unha nota igual ou superior a cinco puntos como resultado da media ponderada do 60 por cento da nota media do bacharelato e o 40 por cento da cualificación da fase xeral e sempre que obtivese un mínimo de catro puntos na cualificación da fase xeral. A nota media do bacharelato expresarase con dúas cifras decimais, arredondada á centésima máis

próxima e en caso de equidistancia á superior. Para o cálculo da nota media non se computará, para efectos de acceso á universidade, a cualificación obtida nas ensinanzas de relixión

 

 

ACCESO ÁS ENSINANZAS DE GRAO. CÁLCULO DA NOTA DE ACCESO

 

  • Para a admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de grao en que se produza un procedemento de concorrencia competitiva, é dicir, en que o número de solicitudes sexa superior ao número de prazas ofertadas, as universidades públicas empregarán para a adxudicación das prazas a nota de admisión que corresponda, que se calculará coa seguinte fórmula e se expresará con tres cifras decimais, arredondada á milésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior. No caso de empate na nota de admisión, para a adxudicación de prazas, terán opción preferente os estudantes que na fase xeral elixiran unha materia de modalidade vinculada á rama de coñecemento da ensinanza á que se solicite acceder.

Nota de admisión = 0,6 * NMB + 0,4*CFX + a*M1 + b*M2

NMB=nota media do bacharelato.
CFX=cualificación da fase xeral.
M1, M2=as dúas mellores cualificacións das materias da fase específica.
a, b=parámetros de ponderación das materias da fase específica.
  •  A nota de admisión incorporará as cualificacións das materias superadas da fase específica sempre que as ditas materias estean adscritas á rama do coñecemento do título no cal queiran ser admitidos.
  •  Os parámetros de ponderación (a ou b) das materias da fase específica serán os aprobados polas universidades de Galicia para o acceso ao curso académico 2010-2011 e recollidos no anexo desta orde.

  

REPETICIÓN DA PROBA

 

Unha vez superada a proba de acceso á universidade, os estudantes poderán presentarse en sucesivas convocatorias para mellorar a cualificación da fase xeral. Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta sexa superior á anterior. O alumnado que se presente para mellorar a cualificación da fase xeral deberá examinarse das mesmas materias.

A cualificación da fase xeral terá validez indefinida, sempre que se supere a proba de acceso á universidade.

  

 Os estudantes poderán presentarse en sucesivas convocatorias para mellorar a cualificación de calquera das materias da fase específica. Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta sexa superior á anterior, e tendo en conta o período de validez de superación das materias de modalidade da fase específica establecido: a cualificación das materias da fase específica terá validez para o acceso á universidade durante os dous cursos académicos seguintes á súa superación. O alumnado que teña superada a proba de acceso á universidade nas sucesivas convocatorias da fase específica non poderá elixir a materia de modalidade obxecto de exame da fase xeral.

 

 

  • Primeiro exercicio consistirá nun comentario, por escrito, dun texto non especializado e de carácter informativo ou divulgativo, relacionado coas capacidades e contidos da materia de lingua castelá e literatura. O exercicio presentará dúas opcións diferentes entre as cales o estudante deberá elixir unha.
  • Segundo exercicio consistirá nun comentario, por escrito, dun texto non especializado e de carácter informativo ou divulgativo, relacionado coas capacidades e contidos da materia de lingua galega e literatura. O exercicio presentará dúas opcións diferentes entre as cales o estudante deberá elixir unha. Estará exento da realización deste exercicio o alumnado con exención da cualificación das probas de avaliación da materia de lingua galega e literatura nalgún dos dous cursos do bacharelato, así como o alumnado que non realizase ningún dos dous cursos do bacharelato en Galicia. A exención na proba de acceso á universidade do exercicio de lingua galega e literatura deberá ser solicitada polo alumnado no impreso de matrícula da proba de acceso.
  • Terceiro exercicio versará sobre as capacidades e contidos dunha das seguintes materias comúns do segundo curso do bacharelato: historia de España ou historia da filosofía. Consistirá na resposta por escrito a unha serie de cuestións adecuadas ao tipo de coñecementos e capacidades que deban ser avaliados e cun formato de resposta que garantirá a aplicación dos criterios obxectivos de avaliación previamente aprobados. O exercicio presentará dúas opcións diferentes entre as cales o estudante deberá elixir unha. O estudante indicará na solicitude de matrícula para a proba de acceso a materia común (historia de España ou historia da filosofía) da cal se examinará.
  • Cuarto exercicio será de lingua estranxeira e terá como obxectivo valorar a comprensión lectora e a expresión escrita. O exercicio presentará dúas opcións diferentes entre as cales o estudante deberá elixir unha. O estudante indicará na solicitude de matrícula para a proba de acceso a lingua estranxeira de que se examinará; poderá elixir entre alemán, francés, inglés, italiano ou portugués.
  •   Quinto exercicio versará sobre os contidos dunha materia de modalidade do segundo curso do bacharelato. Consistirá na resposta por escrito a unha serie de cuestións adecuadas ao tipo de coñecementos e capacidades que deban ser avaliados e cun formato de resposta que garanta a aplicación dos criterios obxectivos de avaliación previamente aprobados. O exercicio presentará dúas opcións diferentes entre as cales o estudante deberá elixir unha. O estudante indicará na solicitude de matrícula para a proba de acceso a materia de modalidade da cal se examinará. Esta materia terá que ser distinta das materias de modalidade elixidas para a fase específica.

 

Cada un dos exercicios desta fase terá unha duración máxima dunha hora e media. Para a realización dos exercicios, os candidatos poderán empregar, á súa elección, calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia. Non obstante, os exercicios correspondentes a lingua castelá e literatura, lingua galega e literatura e lingua estranxeira deberán realizarse nos seus respectivos idiomas. Cada un dos exercicios da fase xeral cualificarase de 0 a 10 puntos, con dúas cifras decimais. A cualificación da fase xeral será a media aritmética das cualificacións de todos os exercicios, expresada en forma numérica de 0 a 10 puntos, con tres cifras decimais, arredondada á milésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior.

  

FASE ESPECÍFICA

 

 

 
unregistered template Template by Ahadesign Visit the Ahadesign-Forum