NOVA PROBA DE ACCESO A UNIVERSIDADE PDF Imprimir Correo-e
Noticias - Últimas noticias

O Consello de Ministros de 7 de maio aprobou modificar a Proba de Acceso a Universidade O número de materias ás que os alumnos poderán presentarse limítanse a catro na parte específica. Establécense as mesmas condicións para a parte xeral e específica, asi cada exercicio presentará dúas opcións.

Ademáis garantízase as mesmas oportunidades de acceso aos estudantes dos Ciclos de FP de grao superior xa que a partires do próximo curso poderán presentarse á fase específica para subir nota, como ocorre cos estudantes procedentes de BAC.

Tamén establécese un sistema que impida lesionar os intereses de aqueles estudantes que se presentaron as probas de acceso cando todavía non existía a nova fase específica que permite aumentar a nota ata en catro puntos. Aos alumnos nesta situación se lles considerará un máximo de dúas materias das que se examinaron no seu momento (sempre que coincidan con materias adscritas á rama de coñecemento do título no que queiran ser admitidos)e as calificacións que obtiveron nesas materias se lles aplicarán directamente os parámetros de ponderación da fase específica actual sin necesidade de exame. Esta medida é transitoria e só aplicarase as probas de acceso ao curso 2010-2011.

Por último, o prazo para ver o exame correxido trala segunda correción amplíase a dez días, posto que orixinalmente era de cinco.

 

 
unregistered template Template by Ahadesign Visit the Ahadesign-Forum