|
DEPARTAMENTOS F.P. -
Formación e Orientación Laboral
|
|
O proxecto empresarial elaborado por un grupo de alumnas do Ciclo Superior de Educación Infantil ALTROTE, formado por Isabel Aldariz, Jéssica Conde, Paula Fernández e Ruth Méndez, coa titorización do profesor Jesús G. Amillo, obtivo dous importantes recoñecementos por unha parte o segundo premio do Concurso FP Idea convocado pola Consellería de Industria e de Educación ao que optaron 28 proxectos; e por outra banda un Accésit no concurso de proxectos cooperativos convocado polo Consello Galego de Cooperativos, e que tiveron o seu recoñecemento no Día do Cooperativismo galego celebrado no Pazo de Baión o pasado día 3 de xullo.
O proxecto premiado tiña como idea a creación dunha escola infantil en Becerreá, cunha parte de responsabilidade social xa que tamén crearían un centro de hipoterapia cunha finalidade social e non de obtención de beneficios, xa que trataría de utilizar os cabalos para o tratamento de certas discapacidades.
O proxecto foi desenvolvido dentro do módulo de Empresa e Iniciativa Emprendedora.
|