Erro
  • JUser: :_load: Unable to load user with id: 63

ENERXÍA EÓLICA

Detalles

Enerxía Eólica

O aproveitamento do vento para xerar enerxía é moi antigo. A primeira e máis sinxela aplicación foi a das velas para a navegación. 

Podemos atopar referencias escritas de hai dous mil cincocentos anos sobre a existencia de muíños na antiga Persia.  Nos últimos vinte e cinco séculos, para moer gran ou para bombear auga, o vento moveu as aspas dos muíños.

A principios do século pasado o home empeza a utilizar a enerxía eólica para producir electricidade, en principio só para o autoabastecemento de pequenas instalacións. A electricidade producida por combustibles fósiles era moito mais barata.  

A partir dos anos 60 do século pasado hai unha grande actividade entorno á enerxía eólica, sobre todo nos EE.UU, Francia e Inglaterra.

Como consecuencia da crise do petróleo nos anos 80 empezan a producirse e montarse grandes máquinas a prezos xa competitivos. Esta industria é liderada por Dinamarca en Europa e nos EE.UU en América, impoñéndose o aeroxerador con tres palas a barlovento. As grandes máquinas neses momentos non producían moito mais aló dos 50 kW.

Nos oitenta, e logo máis xeralizadamente nos noventa, empezáronse a conectar á rede múltiples aeroxeradores. Normalmente apoiados por axudas oficiais.

Na  década dos noventa empeza o desenvolvemento desta enerxía cando se toma conciencia da necesidade de modificar o modelo enerxético baseado nos combustibles fósiles e na enerxía nuclear, polos problemas medioambientais que causan e polo aumento no custe do petróleo.

Nos últimos dez años do século XX e no século XXI, e grazas a un forte desenvolvemento tecnolóxico e a un incremento da súa competitividade en termos económicos a enerxía eólica pasou de ser unha utopía marxinal a unha realidade que se consolida como alternativa futura e, de momento complementaria, ás fontes contaminantes.

1234

 

A enerxía eólica en Galicia.

Nos anos 80 fixéronse estudos e montáronse pequenos aeroxeradores na costa coruñesa.

En 1987 ponse en funcionamento o parque eólico de Estaca de Bares. Adminístrao Endesa pero está fortemente subvencionado. Instálanse 12 máquinas, a mais grande é de 30 kW. É o maior de España nese momento.

No 1989 instálanse 2 máquinas en Cabo Vilán de 100 e 200 kW.

No 1990 instálase, tamén en Cabo Vilán, un aeroxerador experimental de 1200 kW.

En 1991 móntanse 20 aeroxeradores de 150 kW tamén en Cabo Vilán.

A partir de 1993, e coa vista posta nas axudas oficiais, empeza a moverse fortemente a iniciativa totalmente privada. Son moitas as empresas que empezan a preparar os seus proxectos. Nos dous anos seguintes preséntanse mais de 50 proxectos cunha potencia preto dos 1500 MW.

No 2000 temos unha potencia instalada de preto de 500 MW.

No 2002 son  uns 600 MW.

No 2010 Galicia ten instalada unha potencia de mais de 8GW, cunha produción que solo é superada pola suma de tódalas comunidades españolas e tamén solo superada por Portugal, Francia, Alemania e Reino Unido pasando por diante de Dinamarca que foi ate hai pouco o lider en Europa da produción eólica.

Pequena eólica
Podemos considerar incluídos dentro da pequena eólica os aeroxeradores con potencias menores de 10 kW que normalmente os utilizamos en instalacións illadas normalmente combinando enerxía eólica e solar (granxas, regadío, casas rurais, barcos de recreo, etc) ou tamén para a venta a rede.

O pequeno aeroxerador é moito mais ecolóxico que os grandes parques eólicos, produce a enerxía onde se necesita polo que non necesitan grandes liñas de transporte da enerxía producida, podemos utilizar soportes xa instalados para outras aplicacións entre outras vantaxes.

En Galicia temos experiencias caseiras de pequenos aeroxeradores montados por entusiastas da ecoloxía e dos aproveitamentos enerxéticos xa na década dos 70, cando as grandes empresas de distribución e produción impedían activamente que se utilizaran estes aparellos.

Hoxe temos moitos aeroxeradores de baixa potencia instalados por todo o país, ben para verter a produción na rede ben para complementar con enerxía solar certas instalacións ou con fins didácticos como ocorre no Politécnico de Lugo.

xerador1 xerador2
Aeroxerador bipala de 600W Aeroxerador multipala de 100 W




2 xeradores
Os dous pequenos aeroxeradores instalados no Politécnico

 

Gran Eólica
Na actualidade a explotación da enerxía eólica faise fundamentalmente para a xeración de electricidade que se vende á rede, para isto nunha zona instálanse un conxunto de aeroxeradores (coñecidos popularmente como muíños de vento), que se denomina parque.

Como vimos, os aeroxeradores pasaron en poucos anos dunha potencia de 25 kW aos actuais que son normalmente de  2 MW, xa temos aeroxeradores de ate 4 MW e incluso de máis potencia instalados e outros en fase experimental.

Os grandes aeroxeradores divídense en dous grupos: os de eixe horizontal que son os mais utilizados e eficientes, e os de eixe vertical.    

O aeroxerador de eixe horizontal, empregado en exclusividade no parque eólico galego e europeo, consta de tres partes básicas:
O rotor, que inclúe a buxa e as aspas, xeralmente tres.


A góndola, onde temos a multiplicadora, o freo de disco, o xerador eléctrico, sistemas hidráulicos de control e orientación e o sistema electrónico de control. En moitos casos incorporamos unha grúa na parte traseira para subir e baixar os elementos que van dentro da góndola.

A torre, que é tubular; nela temos outra parte electrónica de control e de comunicación coa Central do Parque Eólico, e o trafo elevador ademais da escaleira e/ou ascensor para subir a góndola.

As aspas moven o rotor que está unido a un eixe (eixe de baixa velocidade), este vai a unha multiplicadora que mediante uns engrenaxes move a outro eixe (eixe de alta velocidade), este último move o rotor do alternador. Do alternador sae a enerxía normalmente en forma de corrente alterna e en trifásico a 790 Voltios. Normalmente na torre temos un transformador que pasa os 790 Vca a 20.000 Vca, de aquí parte para o Centro de Transformación do Parque Eólico, aquí agrúpanse tódolos xeradores do Parque e saímos por unha liña coa tensión axeitada a liña a que vai estar conectada. En Parques moi grandes podemos ter mais dun Centro de Transformación.

Cada parque conta ademais da estación de transformación para mandar a enerxía á rede de alta tensión cunha central de control de funcionamento que regula a conexión e desconexión dos aeroxeradores, controla a enerxía xerada en cada momento, recibe partes meteorolóxicos e, recolle todos os datos e incidencias de cada un dos aeroxeradores.

As comunicacións entre a Central de Control e os Aeroxeradores faise hoxe en exclusividade por fibra óptica, tamén utilizamos fibra óptica para a comunicación entre o cadro de control na base da torre co cadro da góndola. Todos os cables de comunicación e os que recollen a enerxía van enterrados ate a Central de Control e o Centro de Transformación respectivamente.

esquema
Esquema dun aeroxerador Parque eólico


 

   
FSE
   
Acreditación
   
Aula 4.0
   
Rumed
   
Benestar
   
FSE
   
iso9001
   
Departamento Orientación
   
   
   
   
   
   
© CIFP Politécnico de Lugo