ENERXÍA SOLAR TÉRMICA
- Detalles
- Categoría pai: ENERXIAS RENOVABLES
- Visitas: 5460
Enerxía Solar Térmica Na Enerxía Solar Térmica transformamos a radiación solar en calor. Segundo sexa a temperatura a acadar temos conversión térmica de baixa e alta temperatura. Os aproveitamentos a baixa temperatura lévase a cabo mediante colectores ou captadores que captan a calor do sol e a transmiten a un fluído que xeralmente é auga ou a un fluído intermedio que a súa vez transmite esta enerxía a auga. Utilízase fundamentalmente para o quentamento de auga sanitaria (AQS), piscinas, calefacción e procesos industriais. Temos basicamente dous tipos de colectores ou captadores solares térmicos para instalacións domésticas: planos e de tubos de baleiro, quentarían a auga ate 70-90ºC . Hai no mercado outro tipo de colectores que traballan con temperaturas mais altas, son os colectores de concentración que traballan normalmente por encima dos 100ºC e poden acadar temperaturas de ate os 300ºC.
O quentamento da auga é un sistema moi sinxelo de instalar e resulta moi rendible economicamente para auga sanitaria e piscinas, en menor medida para calefacción en todo caso necesitamos complementar xeralmente con electricidade, gasóleo ou similar. A conversión térmica de alta temperatura pode levarse a cabo con Fornos Solares onde podemos acadar temperaturas de até 6000ºC ou con Centrais Solares. Nos dous casos podemos producir electricidade ao mover unha turbina co vapor que produce a calor. O sistema é moi similar ó das Centrais Nucleares ou ó das de Carbón, Fuel, Gasóleo, etc.
Aproveitamento pasivo da enerxía solar: O aproveitamento pasivo da enerxía do sol para quentar recintos debidamente orientados e cun acondicionamento moi coidado pode verse na seguinte figura. Este tipo de construción bioclimática está tendo bastante éxito en certos países. En Galicia temos un vivenda bioclimática en construción no Parque Eólico de Sotavento en Xermade. Esta vivenda incorpora os últimos adiantos para aproveitar os recursos enerxéticos. Podemos vela en: http://www.sotaventogalicia.com/ ou http://www.sotaventogalicia.com/area_tecnica/py_vivienda_bioclimatica.php
|