Enerxía solar fotovoltaica Un método bastante sinxelo para o aproveitamento solar é o da conversión fotovoltaica, que consiste en converter a enerxía solar en enerxía eléctrica por medio de células solares. Estas células están elaboradas a base de silicio puro con adición de impurezas de certos elementos químicos, e son capaces de xerar cada unha de 2 a 4 Amperios, a unha voltaxe de 0,46 a 0,48 V, utilizando como materia prima as radiacións solares. Admiten tanto a radiación directa como a difusa, o que quere dicir que se pode conseguir enerxía eléctrica incluso nos días nubrados. As células móntanse en serie sobre paneis ou módulos solares para conseguir unha voltaxe axeitada ás aplicacións eléctricas; os paneis captan a enerxía solar transformándoa directamente en eléctrica en forma de corrente continua, que será preciso almacenar en acumuladores, si se desexa, poder utilizala fóra das horas de luz.
|