Artigos

GaliciaSkills 2012

Detalles
Categoría pai: Noticias
Visitas: 10678

 

 GALICIA SKILLS 2012

O pasado dia 9, tivo lugar no Palacio de Congresos de Santiago a entrega de premios GaliciaSkills 2012. O noso centro participou en duas especialidades: fresaxe e eléctronica.

 

Na especialidade de Electrónica, representounos Samuel Ferreiro Vázquez,  alumno do CS Desenvolvemento de productos electrónicos, xunto co seu titor Roberto López. A pesar de non acadar a medalla, por circunstancias alleas a competición, realizou unha gran proba demostrando a sua gran capacidade de traballo e esforzo, primeiro na fase de preparación e logo na execución da propia proba. 

 

 

Na especialidade de Fresaxe, representounos Xose Daniel Ameneiros Díaz,  alumno do CS Programación da producción en fabricación mecánica, xunto co seu titor José Romero, e que acadaron a medalla de prata.

 

 

 

É de agraceder a mostra de traballo e esforzo que os nosos alumnos demostraron nas competicións, e dos cales nos sentimos orgullosos.

Noraboa ¡¡¡¡