Os módulos profesionais (asignaturas) deste ciclo formativo son os seguintes: |
|
1º CURSO | 2º CURSO |
- Materias primas na industria alimentaria. | - Principios de mantemento electromecánico. |
- Operacións de acondicionamento de materias primas. | - Procesamento de produtos alimentarios. |
- Operacións e control de almacén na industria alimentari.a | - Procesos tecnolóxicos na industria alimentaria. |
- Seguridade e hixiene na manipulación de alimentos. | - Venda e comercialización de produtos alimentarios. |
- Tratamentos de transformación e conservación. | - Empresa e iniciativa emprendedora. |
- Organización da produción alimentaria | |
Formación en Centros de Traballo (FCT): é un módulo que se cursa o final dos estudos, durante un trimestre, e que se desenvolve integramente na empresa. |
|
Elaborar e envasar produtos alimentarios de acordo cos plans de produción e calidade, así como efectuar o mantemento de primeiro nivel dos equipamentos, aplicando a lexislación de hixiene e seguridade alimentaria, de protección ambiental e de prevención de riscos laborais. |
Este profesional será capaz de: |
- Aprovisionar e almacenar materias primas e auxiliares, atendendo ás características do producto. |
- Regular os equipos e sistemas de producción en función dos requerimentos do proceso productivo. |
- Elaborar productos alimentarios controlando as operacións según o manual de procedimentos. |
- Aplicar tratamentos de conservación de acordo cos requerimentos de cada producto. |
- Envasar, etiquetar e embalar os productos elaborados, asegurando a súa integridade durante a súa distribución e comercialización. |
- Almacenar productos rematados realizando o control de existencias e verificando a súa expedición. |
- Preparar e manter os equipos e instalacións garantindo o funcionamiento e hixiene, en condicións de calidade, seguridade e eficiencia. |
- Cumplimentar os rexistros e partes de incidencia, empregando os procedementos de calidade. |
TRABALLAR |
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas pequenas, medianas ou grandes, con niveis moi diversos tanto na súa tecnoloxía como na súa organización. Son traballadores e traballadoras por conta allea que se integran nun equipo de traballo con persoas do seu mesmo nivel de cualificación, ou inferior, onde desenvolven tarefas individuais e en grupo nas áreas funcionais de recepción de materias primas e materiais, preparación e manexo de equipamentos de produción, control de operacións de elaboración, envasamento e embalaxe, apoio ao control de calidade, almacenamento e expedición de produtos acabados.En xeral, dependerán organicamente dun mando intermedio, coa excepción de pequenas empresas ou nas que aínda as operacións manuais posúan relevancia, nas que poden exercer funcións de supervisión de operarios e depender, no seu exercicio, directamente da dirección de produción. As ocupacións e postos de traballo máis relevantes son: |
- Elaborador/ora de produtos alimentarios. |
- Operador/ora de máquinas e equipamentos para o tratamento e a elaboración de produtos alimentarios. |
- Operador/ora e controlador/ora de liñas de envasamento e embalaxe. |
- Recepcionista e almaceneiro/a; subministrador/ora de materias primas e materiais ás liñas de produción. |
- Dosificador/ora. |
- Supervisor/ora de liña. |
SEGUIR ESTUDANDO |
- Cursos de especialización profesional. |
- Outro Ciclo de Formación Profesional (medio ou superior). |
- Preparación das Probas de Avaliación de Bacharelato (unicamente as materias troncais). |