Probas Acceso
NOVA PROBA DE SELECTIVIDADE PDF Imprimir Correo-e

Publicouse a nova regulación das probas de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galicia que pasamos a resumir:

  

 

ESTRUCTURA

 

A proba de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao estrutúrase en dúas fases denominadas respectivamente

  

FASE XERAL

Ten por obxecto valorar a madurez e destrezas básicas que debe alcanzar o estudante ao finalizar o bacharelato para seguir as ensinanzas universitarias oficiais de grao, especialmente no que se refire á comprensión de mensaxes, o uso da linguaxe para analizar, relacionar, sintetizar e expresar ideas, a comprensión básica dunha lingua estranxeira e os coñecementos ou técnicas fundamentais dunha materia de modalidade. Consta dos exercicios: 

 

Ler máis...
 
PROBAS DE ACCCESO A CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL PDF Imprimir Correo-e

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Aberto o prazo de inscrición as probas de acceso a Ciclos superiores de Formación Profesional dende o 18 de xaneiro ata o 29 de xaneiro, celebrándose as probas o 27 de marzo; a inscrición á proba de acceso a ciclos medios dende o 1 ao 12 de Marzo dita proba celebrarase o 4 de xuño.

Este ano a novidade é a posibilidade de que os alumnos que están a cursar un ciclo de grao medio e opten a un ciclo superior que esté incluido na mesma opción (A, B ou C) que a familia profesional de pertenza al matricularse na proba poden optar por solicitar a validación condicionada da parte específica; nese suposto si superan a parte común unha vez superado o Ciclo formativo de grao medio considerarase que superaron a proba de acceso.

INFORMACIÓN XERAL          

CALENDARIO

CONVOCATORIA

 
ACCESO UNIVERSIDADE PDF Imprimir Correo-e

Real Decreto 1892/2008 regula o acceso as Universidades públicas españolas a partir do curso 2010/2011, interesa resaltar que desaparece o cupo para alumnos de Formación Profesional, todos acceden en igualdade de condicións, tendo en conta que temos dous cálculos distintos para obter a nota de acceso según xa veñas de Bacharelato ou dos Ciclos Formativos, en caso de empate teñen preferencia aqueles que cursaran ensinanzas da mesma rama de coñecemento. 

As distintas materias de Bacharelato e as distintas familias dos ciclos superiores de formación profesional relacionanse con determinadas ramas de coñecemento das ensinanzas universitarias ( ver ORDE)

 


unregistered template Template by Ahadesign Visit the Ahadesign-Forum