PROXECTO DE MOBILIDADE
- Detalles
- Categoría pai: DEPTO. CALIDADE E INNOVACIÓN
- Visitas: 6136
O Ministerio de Educación recentemente resolveu a Convocatoria de Proxectos de Innovación para o curso 2011/2012, un dos proxectos mellor valorados foi "Hacía un desenvolvemento máis eficaz das competencias profesionais: experiencia de mobilidade e innovación no ámbito inter autonómico", no cal participa este Centro.
Precisamos saber antes do venres unha primeira aproximación de alumnos que inicialmente poden ter interese en.realizar un período de un mes de FCT para este curso noutra Comunidade Autónoma, a súa realización tería unha compensación para gastos de manutención, aloxamento e desprazamento, a oferta inicial sen compromiso definitivo inclúe a posibilidade de facer a mobilidade con estos Institutos:
IES LES VINYES de Santa Coloma de Gramanet , en Barcelona, para os ciclos de Laboratorio de Diagnóstico Clínico e Coidados Auxiliares de Enfermaría.
CENTRO INTEGRADO POLITÉCNICO DE TUDELA, en la Comunidad Foral de Navarra, para los Ciclos de Instalacións Eléctricas e Automáticas, Instalacións de Telecomunicación, Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos, Mecanizado, Programación da Produción por fabricación mecánica e Coidados Auxiliares de Enfermaría.
IES GARCÍA PAVÓN de Tomelloso, en Ciudad Real, para los Ciclos formativos de Instalacións Eléctricas e Automáticas, Sistemas Electrotécnicos e Automáticos, Prótese Dentais e Coidados Auxiliares de Enfermaría.
Calquera alumno de segundo curso dos ciclos anteriormente referenciados, e que poida ter interese, pode comunicáselo, sen compromiso, ao seu titor; do mesmo xeito calquera profesor interesado pode dirixirse á Vicedirección.
Por motivos de inicio dos contactos precisamos ter unha primeira aproximación o día 11 de novembro, de ahí a urxencia.
A mobilidade é un valor, xa que permite acercarse a dinámicas de traballo diferentes e facilita a autonomía e a toma de decisións aos alumnos, pode ser unha experiencia moi enriquecedora.
Animádevos