Artigos

Éxito dos nosos alumnos nos Campionatos galegos

Detalles

Durante o pasado mes de novembro, celebrouse en centros educativos de toda a Comunidade o primeiro Campionato de Formación Profesional de Galicia, Galicia Skills 2010; unha competición coa que se pretende a posta en valor da calidade e do atractivo dos estudos de formación profesional, a motivación do alumnado destas ensinanzas, e o estímulo e recoñecemento do labor do profesorado, así como a potenciación das relacións entre os centros onde se imparten os ciclos formativos e as empresas dos respectivos sectores produtivos.

O noso Centro participou con dous alumnos do Ciclo Medio de Fabricación a Medida e Instalación de Carpintaría e Moble, ambolos dous obtiveron un gran resultado, xa que o alumno Jose Antonio Folgueira Carballeira obtivo o primeiro premio na especialidade de Carpintaría, e o alumno Joel García Galán o terceiro premio na especialidade de Ebanistaría. Os participantes en cada skill foron avaliados por un xurado composto por profesorado de formación profesional dos ciclos formativos correspondentes e profesionais recoñecidos do sector.

Jose Antonio como gañador da medalla de ouro participará na XXXIII edición das Olimpíadas da Formación Profesional SpainSkills, que se celebrarán en Madrid en abril de 2011. Nesta competición estudantes de distintos ciclos formativos de formación profesional procedentes de centros educativos de todas as Comunidades Autónomas e Ceuta e Melilla medirán as súas destrezas e habilidades en cerca de trinta skills ou profesións. Ademais dos premios nacionais, nesta competición seleccionarase o equipo que representará a España nos campionatos internacionais WorldSkills 2011, que se celebrarán en Londres, e nos europeos EuroSkills, que se disputarán no 2012.

Noraboa aos alumnos e aos profesores que contribuiron a súa formación

   
FSE
   
Acreditación
   
Aula 4.0
   
Rumed
   
Benestar
   
FSE
   
iso9001
   
Departamento Orientación
   
   
   
   
   
   
© CIFP Politécnico de Lugo