Artigos

Detalles

ACORDO DO CLAUSTRO DE PROFESORES DO IES POLITÉCNICO DE LUGO

Diante do proceso de transformación do IES Politécnico de Lugo en CIFP (Centro Integrado de Formación Profesional), o Claustro de profesores, reunido en sesión extraordinaria:

EXPÓN:

  • O Claustro non tivo ningunha información das intencións da administración educativa, cando eses cambios van supor un traslado tanto de profesorado, alumnado e equipamento a outros centros.
  • Como isto non se fai dun día para outro, está claro que a Consellería xa tiña pensada,dende hai moito tempo, esta reorganización, como se desprende de que non teñan saído practicamente vacantes a concurso nas zonas educativas onde se producen os cambios.
  • Os primeiros en coñecer esas informacións foron os medios de comunicación e non os membros da Comunidade Educativa, como debería de ter acontecido.
  • No caso de ser precisa a creación deste CIFP o proceso debería de terse levado a cabo informando previamente á Comunidade Educativa e consultando o seu parecer. Ademais unha vez iniciado dito proceso este debería de facerse de xeito progresivo, en varios cursos, para así minimizar os efectos provocados tanto no profesorado como no alumnado: o profesorado, se houbese disposto desta información podería ter optado a participar no CXT ou a solicitar a xubilación anticipada.
  • Este proceso supón para o profesorado que cambia de Centro: algúns non saberán o seu destino ate Setembro, terán que participar nos próximos Concursos de Traslados cando xa tiñan praza fixa, verán modificada a súa orde na elección de horarios, tanto para o profesorado do Politécnico como para os do IES Sanxillao.

Polo tanto

SOLICITA:

1º.- Información completa sobre o proceso de adscrición
2º.- Información das necesidades de profesorado por disciplinas nos centros de secundaria de Lugo
3º.- Que a adxudicación de prazas directas sexa en xullo
4º.-Que se respecta ao profesorado desprazado que non opte polo IES SANXILLAO, a antigüidade no corpo e a antigüedade na praza no IES POLITÉCNICO para todos os efectos
5º.-Que se respecten as puntuacións do concurso de trasladas polo que se accedeu ao IES POLITÉCNICO así como os resultantes da súa permanencia no mesmo ata a actualidade
6º.- Que o profesorado desprazado imparta as disciplinas propias de acceso ao corpo, non afíns
7º- Que o profesorado que non optou á xubilación anticipada, en previsión da súa permanencia no centro, obteña unha prórroga especial por mor do cambio de circunstancias
8º- Información sobre o número de profesores con dereito preferente para esta localidade
9º- Caso particular da profesora de relixión, persoal laboral, con destino definitivo no IES POLITÉCNICO DE LUGO, para o que solicitamos os mesmos dereitos que para os profesores funcionarios de carreira

Lugo, xuño de 2011

   
FSE
   
Acreditación
   
Aula 4.0
   
Rumed
   
Benestar
   
FSE
   
iso9001
   
Departamento Orientación
   
   
   
   
   
   
© CIFP Politécnico de Lugo