Artigos
GaliciaSkills 2012
- Detalles
- Categoría pai: Noticias
- Visitas: 10681
GALICIA SKILLS 2012 |
O pasado dia 9, tivo lugar no Palacio de Congresos de Santiago a entrega de premios GaliciaSkills 2012. O noso centro participou en duas especialidades: fresaxe e eléctronica.
Na especialidade de Electrónica, representounos Samuel Ferreiro Vázquez, alumno do CS Desenvolvemento de productos electrónicos, xunto co seu titor Roberto López. A pesar de non acadar a medalla, por circunstancias alleas a competición, realizou unha gran proba demostrando a sua gran capacidade de traballo e esforzo, primeiro na fase de preparación e logo na execución da propia proba.
Na especialidade de Fresaxe, representounos Xose Daniel Ameneiros Díaz, alumno do CS Programación da producción en fabricación mecánica, xunto co seu titor José Romero, e que acadaron a medalla de prata.
É de agraceder a mostra de traballo e esforzo que os nosos alumnos demostraron nas competicións, e dos cales nos sentimos orgullosos. Noraboa ¡¡¡¡ |