FP PLUS
VIVEIRO DE EMPRESAS
Eduemprende 2015
- Detalles
- Categoría pai: INSTITUCIONAL
- Visitas: 1877
“ O EMPRENDEMENTO COMO CHAVE DE FUTURO ” |
|
O pasado día 16 de xaneiro tivo lugar no salón de actos do CIFP Politécnico de Lugo unha xornada de fomento das iniciativas emprendedoras, destinada a alumnos de segundo curso de ciclos formativos e bacherelato.
|
|
Inaguración do Viveiro de Empresas
- Detalles
- Categoría pai: INSTITUCIONAL
- Visitas: 3363
O pasado 13 de Febreiro a Conselleira de Educación, Laura Piñon, o Alcalde de Lugo, Xosé C. Orozco, e o Director Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, Antonio Vázquez fixeron un percorrido polo Viveiro de empresa do noso Instituto.
O Viveiro consta de dous despachos para emprendedores e un despacho para o titor, todos eles completamente dotados. O noso Instituto ten como obxectivo completar os dous proxectos emprendedores a través de alumnos de 2º curso ou exalumnos que queiran desenvolver o seu proxecto emprendedor e posterior posta en marcha da iniciativa empresarial; pero como feito diferencial tamén quere ir un paso máis alá e ofertar a alumnos e alumnas de primeiro curso a posibilidade de participar nun proxecto a desenvolver durante un curso escolar para desenvolver un proxecto innovador cunha parte práctica e outra de elaboración do propio proxecto empresarial, de xeito que podan acercarse dunha forma práctica ao proceso emprendedor, despois unha vez rematado ofreceriaselles a posibilidade de implantar na realidade o proxecto desenvolto a través do viveiro.
Así neste curso preténdese ofertar un proxecto de enerxías renovables aos Ciclos Superiores de Desenvolvemento de Produtos Electrónicos, Instalacións Electrotécnicas e Produción por Mecanizado, dirixido a un máximo de sete alumnos e coa colaboración do profesorado correspondente. Estanse a facer os preparativos previos e se culmina coa participación de profesores e alumnos plasmaríase nun convenio de coordinación no tercer trimestre deste curso, no cal cada un dos participantes tería especificados os seus compromisos e obrigas.
Por outra banda, a titorización dos proxectos emprendedores do Viveiro, está a desenvolver un Proxecto de Empresa de Traballos Forestais e queda pendente de cubrir un proxecto asi que animamos a si sodes alumnos de 2º curso ou exalumnos a que os dirixades á Vicedirección para orientarvos e analizar as posibilidades.
Eduemprende 2017
- Detalles
- Categoría pai: INSTITUCIONAL
- Visitas: 1755
1º PREMIO CONCURSO MINIEMPRESAS |
|
O noso centro levouse o 1º Premio do concurso de miniempresas, enmarcado no Programa Lanzadeiras Lugo. O programa ten a finalidade de promover a innovación e o emprendemento en todas as etapas do sistema educativo co obxectivo de potenciar as competencias profesionais, sociais e persoais do alumnado e desenvólvese dentro do plan Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, Eduemprende.
O premio acadado supón o recoñecemento do traballo ben feito de: Isabel García, Isabel Sal, Fernanda Tordera e Sabela Fernández e alumnado do ciclo de Farmacia e Parafarmacia a distancia. Noraboa !!!!!! |
Eduemprende 2014
- Detalles
- Categoría pai: INSTITUCIONAL
- Visitas: 2498
“ O EMPRENDEMENTO COMO CHAVE DE FUTURO ” |
|
O día 4 de febreiro de 2014 tivo lugar no salón de actos do CIFP Politécnico de Lugo unha xornada de fomento das iniciativas emprendedoras, destinada a alumnos de segundo curso de ciclos formativos e bacherelato.
|
EMPRESAS COLABORADORAS |
|
|
PROGRAMA FP EMPRENDE
- Detalles
- Categoría pai: INSTITUCIONAL
- Visitas: 3363
O pasado día 28 de Xaneiro en Santiago de Compostela tivo lugar a presentación do programa FP Emprende, que se dirixe ao alumnado de FP maior de idade que curse o último ano dun ciclo formativo ou ben que se titulase nos dous últimos anos. Ademáis do IES Politécnico de Lugo, participan neste programa os IES Manuel Antonio de Vigo, Luis Seoane de Pontevedra; e os Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP) Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol e Ánxel Casal de A Coruña.
O proxecto consiste na creación real de empresas desde os centros educativos a través de viveiros O viveiro consiste nun local acondicionado para a actividade empresarial que se cede, de xeito gratuíto e durante dous anos, ás persoas participantes no programa para que poñan en funcionamento un proxecto empresarial. A Consellería de Educación acondicionou os espazos destes centros destinados ao viveiro, dotándoos de recursos suficientes para abordar o proxecto empresarial, como ordenadores, Internet, teléfono e fax, impresora e fotocopiadora. Así mesmo, os emprendedores poden empregar os recursos existentes noutras dependencias, como obradoiros ou laboratorios.
Estes viveiros contan ademais cun titor, que acompaña aos emprendedores en todo o proceso de creación da súa empresa; e coa colaboración de empresas e institucións, como o IGAPE e BIC Galicia, que brindan a súa axuda e experiencia na formación dos titores e tamén asesoramento cando os emprendedores precisan do apoio exterior de gabinetes especializados.
Na presentación do programa o alumno de este Centro Jose Luis do Ciclo Medio de Mecanizado presentou o seu proxecto de creación dunha empresa de traballos forestais, nunha primeira fase, e da implantación dun centro de transformación da biomasa forestal en enerxía eléctrica e térmica, nunha segunda fase. Este segundo proxecto ten como obxectivo que sexa participativo e aberto a sociedade.