Erro
  • JUser: :_load: Unable to load user with id: 63

ENERXÍAS RENOVABLES

ENERXIAS RENOVABLES

ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA

Detalles

Enerxía solar fotovoltaica

Un método bastante sinxelo para o aproveitamento solar é o da conversión fotovoltaica, que consiste en converter a enerxía solar en enerxía eléctrica por medio de células solares. Estas células están elaboradas a base de silicio puro con adición de impurezas de certos elementos químicos, e son capaces de xerar cada unha de 2 a 4 Amperios, a unha voltaxe de 0,46 a 0,48 V, utilizando como materia prima as radiacións solares. Admiten tanto a radiación directa como a difusa, o que quere dicir que se pode conseguir enerxía eléctrica incluso nos días nubrados. As células móntanse en serie sobre paneis ou módulos solares para conseguir unha voltaxe axeitada ás aplicacións eléctricas; os paneis captan a enerxía solar transformándoa directamente en eléctrica en forma de corrente continua, que será preciso almacenar en acumuladores, si se desexa, poder utilizala fóra das horas de luz.

 


Outro método que está sendo moi interesante economicamente é mandala cun inversor (este transforma a corrente continua dos paneis en alterna) á rede eléctrica.

 

 

 

 

 

Célula individual de silicio monocristalino

 

 

 

 

 

Panel fotovoltaico monocristalino

 

 

 

 

Panel fotovoltaico policristalino

 

 

 

 

 

Panel flexible de silicio

 

 

 

 

Panel flexible con tecnoloxía CGIS



Eólica

Detalles ENERXÍA EÓLICA

eolica

Xeradores eólicos

 

acumuladores

Acumuladores

 

regulador
Regulador



INTRODUCIÓN AS ENERXÍAS RENOVABLES

Detalles

INTRODUCCIÓN

Definiremos as Enerxías Renovables como aquelas que se renovan en ciclos relativamente curtos e non producen esgotamento doutras enerxías ou materiais. Para incluír unha enerxía dentro do grupo de renovables tamén temos en conta que non varíen o ecosistema, aproveiten os recursos da natureza sen modificala e sexan inesgotables.

Toda enerxía produce un maior ou menor impacto ecolóxico pero as Renovables producen uns efectos mais asumibles pola natureza, con todo pode ser moi discutible se unha enerxía é renovable ou non, por exemplo a Enerxía Hidraulica é renovable pero produce un forte impacto medioambiental por culpa dos embalses, canalizacións, posibilidade de rebentar a presa, etc.

As Enerxías Renovables son unha opción cada vez máis competitiva e o que é máis importante, respectuosas co medio ambiente. Distintos gobernos e moi en particular os cidadáns de tódolos países están en contra de certas enerxías que crean graves consecuencias medioambientais, de saúde e económicas. Pensemos en catástrofes como as de Fukushima (Xapón) e o cambio climático.

As enerxías renovables mais significativas son:

Solar (fotovoltaica e fototérmica).
Eólica (grande eólica e minieólica).
Bioenerxías (biomasa, biogas, leña, biocarburantes, residuos, etc.)
Mareomotriz.
Ondas.
Hidráulica (grande hidráulica e minihidráulica).
Xeotérmica.

 

 

 


Hidráulica

Detalles

CENTRAL HIDRÁULICA


 

central2

Central hidráulica


hidráulica

 

 


Central hidráulica

 

 


cuadro
Cadro de control

   
FSE
   
Acreditación
   
Aula 4.0
   
Rumed
   
Benestar
   
FSE
   
iso9001
   
Departamento Orientación
   
   
   
   
   
   
© CIFP Politécnico de Lugo