Saltar la navegación

MásterFP Robótica Colaborativa

Perfil Profesional

Curso de especialización: Robótica Colaborativa
Familia: Electricidade e electrónica
Máster de Formación Profesional
Horas: Pendente asignar (1 curso escolar)
 
Que se aprende a facer?

Desenvolver proxectos de robótica colaborativa, tanto de brazos robóticos como de robots móbiles autónomos, así como realizar a montaxe, posta en marcha e mantemento dos devanditos sistemas, respectando criterios de calidade, seguridade, accesibilidade e respecto ao medio ambiente.

En que ámbitos se traballa?

En empresas, públicas e privadas de todos os sectores productivos, desempeñando o seu traballo na área de deseño, desenvolvemento, montaee, mantemento ou consultoría de actividades relacionadas coa robótica colaborativa.

Que ocupacións se desempeñan?

  • Xefe de equipo de supervisión de montaxe de sistemas de robótica colaborativa.

  • Xefe de equipo de supervisión de mantemento de sistemas de robótica colaborativa.

  • Proxectista de sistemas de robótica colaborativa.

  • Técnico de posta en marcha de sistemas de robótica colaborativa.

  • Programador de robots colaborativos.

Módulos profesionais

DENOMINACIÓN DURACIÓN
Robótica Colaborativa Pendente de asignar
Configuración e programación Pendente de asignar
Robots Móbiles Autónomos Pendente de asignar
Seguridade e mantemento Pendente de asignar

Qué título ou acreditación se obtén?

Título de Máster en Formación Profesional

Qué requisitos de acceso se piden?   

Algunha das seguintes Titulacións:

  • Técnico Superior en Sistemas Electrotécnicos e Automatizados
  • Técnico Superior en Mecatrónica Industrial
  • Técnico Superior en Automatización e Robótica Industrial
  • Técnico Superior en Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos
  • Técnico Superior en Mantemento Electrónico
  • Técnico Superior en Electromedicina Clínica

Videos