Historico Proxectos Innovación FP

Detalles

Convocatoria 2021  

Convocatoria 2017  

Modulación automática dunha central de aspiración

Convocatoria 2016 


Interface de comunicación Arduino->KNX


A idea inicial se presenta como proxecto de innovación, dentro da modalidade B o cal resultou premiado con 5.452,60 € na resolución do 20 de abril de 2016 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se resolven os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional.Participa como centro colaborador IES Maria Sarmiento de Viveiro

A idea deste proxecto aparece logo de detectar que dentro da plataforma de Arduino, e dentro do amplo abanico de shield que están dispoñibles no mercado, non existe unha especifica destinada a comunicación co protocolo KNX, o cal é o standar aberto para a automatización de vivendas e edificios (domótica e inmótica).

Coordinador Proxecto: José Luis Blanco Carballido e Juan Mendoza Villanueva
 

           

 How do they do it ?  Congreso FPInnova 2017

Convocatoria 2015 

Aforro enerxético nun aula-taller. Estudo comparativo entre solucións comerciais (KNX+DALI) e de baixo custo (Arduino)

Este proxecto elaborouse en colaboración co IES Maria Sarmiento (Viveiro), e premiado con 14.966,93 € na Resulución do 6 de abril de 2015 Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se resolven os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional.
Mediante este proxecto se automatizaron duas aulas-taller nos dous centros (Aula 201 Domótica), equipadas con:
  • Control iluminación KNX-DALI
  • Control automatico de persianas
  • Zonoficación de clima
  • Integración Arduino-KNX para control multimedia
  • Control con aplicación IdderoCloud

Convocatoria 2014 

Estes dous proxectos resultaron premiados na Resolución de 20 de xuño de 2014 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se conceden os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional , cun premio total de 17.060,03 € e 6.109,2 € respectivamente.

CONTROL DOMÓTICO KNX CON DISP. MÓBILES SIMULADOR DUN CENTRO DE COORDINACIÓN

O proxecto xurdiu ante a necesidade de que os materiais didácticos empregados nas aulas sexan acordes os avances tecnolóxicos que van sucedendo. Detectase un desfase entre os recursos didácticos dispoñibles nos centros, respectos dos  novos  dispositivos.Concretamente neste proxecto centrámonos nunha actualización de recursos didácticos referidos o sistema inmótico KNX.

 

O sistema KNX tratase dun estándar aberto para o control de casas e edificios. Calquera fabricante pode integrar os seus produtos no sistema e, ademais, a rede KNX pode conectarse a outros sistemas a través das pasarelas adecuadas.  Executáronse paneis didácticos que incorporan dispositivos de control domótico KNX, coa posibilidade de manexo dende dispositivos móbiles. Contamos tamén co IES Lois Peña Novo de Vilalba, como centro colaborador


Coordinador Proxecto: José Luis Blanco Carballido

 

Este proxecto xurde coa idea de elaborar un simulador dun centro de coordinación de emerxencias sanitarias para facilitar o proceso de ensino aprendizaxe e alcanzar os obxectivos do módulo profesional de Teleemerxencia:

- Control e atención da consola de radiocomunicación

- Aplicación de técnicas de recepción de mensaxes orais, de comunicacións e de interrogatorio.

 

Establecese relación co CIFP Rodolfo Ucha de Ferrol para que formen parte do proxecto e sexan os encargados de elaborar un programa informático para atender as chamadas dos usuarios e activar aos centros implicados.Por outra banda no centro coordinador ,o CIFP Politécnico de Lugo, os profesores Eva Mª Fuertes Dopico e José Luis Blanco Carballido asumen a realización das guias didácticas e manuais de practicas.

 

Coordinadora Proxecto: Eva Mª Fuertes Dopico


   

 

   
Aula 4.0
   
Aula 4.0
   
FSE
   
Acreditación
   
Departamento Orientación
   
Aula 4.0
   
Rumed
   
Benestar
   
FSE
   
iso9001
   
   
   
   
© CIFP Politécnico de Lugo