Aula Tecnoloxía Aplicada DIESFA

Detalles
           
  
 
 
Espazo de Técnoloxía Aplicada: DIESFA
 
 
 

Na convocatoria 2024 de espazos de tecnoloxía aplicada, a proposta do noso centro “ Aula Tecnolóxica de DIxitalización, EScaneado e Fabricación Aditiva (DIESFA)”, foi seleccionda xunto con outras propostas de outros centros de Galicia. Esta actuación realizouse baixo o programa Espazos de tecnoloxía aplicada para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada na formación profesional en centros integrados de formación profesional dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o ano 2024., e que a sua vez forma parte do Plan de Modernización da Formación Profesional do Ministerio de Educación y Formación Profesional.

 

 Este proxecto consiste en converter unha aula da familia profesional de Fabricación Mecánica nun espazo de tecnoloxía aplicada que atenda as demandas máis recentes do sector produtivo da contorna. Esta aula terá como prioridade a ampliación da formación do alumnado en dixitalización, fabricación aditiva e verificación tridimensional.

Deste xeito, dáse resposta ás necesidades e inquedanzas das empresas neste eido e xérase un maior impacto e aproveitamento dos recursos asociados a este espazo

 

 

 

Os obxectivos perseguidos poderían resumirse nos seguintes:

  • Acadar un sistema de traballo colaborativo e unha transferencia de coñecemento entre empresas do entorno produtivo e a familia profesional .
  • A mellora tecnolóxica.
  • Acadar un elevado nivel no marco competencias docente C1.
  • Participación do alumnado da familia profesional de fabricación mecánica, podendo ter unha incidencia significativa na futura inserción laboral do alumnado dentro deste sector en onstante avance tecnolóxico .
  • Actualizar os coñecementos por parte do equipo docente conmetodoloxía e contidos de última xeración 
 
 

Escaneado

 

Verificación Tridimensional