Ciclo Superior
Detalles- Detalles
- Categoría pai: DEPARTAMENTOS familias profesionales
- Visitas: 8223
Os módulos profesionais (asignaturas) deste ciclo formativo son os seguintes: |
|
1º CURSO | 2º CURSO |
- Análise de alimentos | - Tecnoloxía alimentaria |
- Biotecnoloxía alimentaria | - Comercialización E loxística na industria alimentaria |
- Innovación alimentaria | - Xestión de calidade e ambiental na industria alimentaria. |
- Mantemento electromecánico en industrias de proceso | - Control microbiolóxico e sensorial dos alimentos. |
- Nutrición e seguridade alimentaria | - Procesos integrados na industria alimentaria. |
- Organización da produción alimentaria | - Empresa e iniciativa emprendedora |
- Tratamentos de preparación e conservación dos alimentos | - Formación e orientación laboral |
Formación en Centros de Traballo (FCT): é un módulo que se cursa o final dos estudos, durante un trimestre, e que se desarrolla integramente na empresa. |
|
Proxecto de procesos e calidade na industria alimentaria: Este módulo ten por finalidade a integración efectiva dos aspectos máis salientables das competencias do título que se abordaron no resto dos módulos profesionais, xunto con aspectos relativos ao exercicio profesional e á xestión empresarial. Desenvolverase simultaneamente coa realización do módulo profesional de formación en centros de traballo. |
Organizar e controlar os procesos de elaboración de produtos alimentarios programando e supervisando as operacións e os recursos materiais e humanos necesarios, aplicando os plans de produción, calidade e seguridade alimentaria |
Este profesional será capaz de: |
- Planificar os procesos produtivos, asignando equipamentos e instalacións en función do produto que se vaia elaborar. |
- Programar e organizar a produción alimentaria e os sistemas automáticos de produción tendo en conta as exixencias de calidade, seguridade e protección ambiental establecidas. |
- Conducir as operacións de elaboración de produtos alimentarios, resolvendo as continxencias que se presenten. |
- Supervisar as operacións de envasamento, embalaxe e etiquetaxe en condicións de calidade e seguridade. |
- Planificar a loxística na empresa alimentaria, organizando os aprovisionamentos, o almacenamento e a expedición das materias primas e auxiliares, e dos produtos. |
- Programar e supervisar o mantemento e a operatividade dos equipamentos e das instalacións para garantir o funcionamento en condicións de hixiene, calidade, eficiencia e seguridade. |
- Controlar e garantir a calidade mediante ensaios físicos, químicos, microbiolóxicos e sensoriais. |
- Comercializar e facer promoción dos produtos na pequena empresa alimentaria. |
TRABALLAR |
O Técnico Superior en Procesos e Calidade na Industria Alimentaria exerce a súa actividade en pequenas, medianas ou grandes empresas da industria alimentaria realizando tarefas de xestión da produción, organización e control, nas áreas funcionais de loxística, investigación e desenvolvemento, calidade e seguridade alimentaria. Actúan como mandos intermedios baixo a supervisión de persoal responsable técnico de nivel superior, aínda que en pequenas empresas dispoñen dun maior grao de autonomía, e poden asumir labores de xestión e dirección de empresa. As ocupacións e postos de traballo máis relevantes son: |
- Xefe de liña, planta de fabricación, sección ou de almacén. |
- Xefe de quenda. |
- Encargado de produción. |
- Encargado de elaboración de novos produtos e desenvolvemento de procesos. |
- Técnico en análise de alimentos. |
- Técnico en análise sensorial. |
- Técnico en laboratorio de control de calidade. |
- Inspector ou auditor de calidade. |
- Encargado da xestión da seguridade alimentaria. |
SEGUIR ESTUDANDO |
- Cursos de especialización profesional. |
- Outro Ciclo de Formación Profesional (medio ou superior). |
- Preparación das Probas de Avaliación de Bacharelato (unicamente as materias troncais). |
- Ensinos Universitarios (coa posibilidade de establecer convalidacións) |