Os módulos profesionais (asignaturas) deste ciclo formativo son os seguintes: |
|
1º CURSO | 2º CURSO |
- Definición de procesos de mecanizado, conformación e montaxe | - Fabricación asistida por computador (CAM) |
- Execución de procesos de fabricación. | - Mecanizado por control numérico |
- Interpretación gráfica | - Programación da produción |
- Programación de sistemas automáticos de fabricación mecánica | - Proxecto de fabricación de produtos mecánicos |
- Verificación de produtos | - Xestión da calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental |
- Formación e orientación laboral | - Empresa e iniciativa emprendedora |
Formación en Centros de Traballo (FCT): é un módulo que se cursa o final dos estudos, durante un trimestre, e que se desarrolla integramente na empresa. |
|
Proxecto: Este módulo ten por finalidade a integración efectiva dos aspectos máis salientables das competencias do título que se abordaron no resto dos módulos profesionais, xunto con aspectos relativos ao exercicio profesional e á xestión empresarial. Desenvolverase simultaneamente coa realización do módulo profesional de formación en centros de traballo.. |
Planificar, programar e controlar a fabricación por mecanizado e a montaxe de bens de equipamento, partindo da documentación do proceso e das especificacións dos produtos que se fabriquen, asegurando a calidade da xestión e dos pro du tos, así como a supervisión dos sistemas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental. |
Este profesional será capaz de: |
- Determinar os procesos de mecanización, interpretando a información técnica incluída en planos, normas de fabricación e catálogos. |
- Elaborar os procedementos de montaxe de bens de equipamento. |
- Supervisar a programación e a posta a punto das máquinas de control numérico, robots e manipuladores para a mecanización. |
- Programar a produción utilizando técnicas e ferramentas de xestión informatizada. |
- Determinar o aprovisionamento necesario, co fin de garantir a subministración no momento adecuado, así como reaccionar ante as continxencias e resolver os conflitos xurdidos no aprovisionamento. |
- Asegurar que os procesos de fabricación se axusten aos procedementos establecidos . |
- Xestionar o mantemento dos recursos da súa área, mediante a planificación, a programación e a verificación do seu cumprimento, en función das cargas de traballo e da necesidade do mantemento. |
TRABALLAR |
Este profesional exerce a súa actividade en industrias transformadoras de metais relacionadas cos subsectores de construción de maquinaria e equipamento mecánico, de material e equipamento eléctrico, electrónico e óptico, e de material de transporte en cadra do no sector industria. As ocupacións e postos de traballo máis relevantes son: |
- Técnico/a en mecánica. |
- Encargado/a de instalacións de procesamento de metais. |
- Encargado/a de operadores de máquinas para traballar metais. |
- Encargado/a de montadores. |
- Programador/ora de CNC. |
- Programador/ora de sistemas automatizados en fabricación mecánica. |
- Programador/ora da produción |
SEGUIR ESTUDANDO |
- Cursos de especialización profesional. |
- Outro Ciclo de Formación Profesional (medio ou superior). |
- Preparación das Probas de Avaliación de Bacharelato (unicamente as materias troncais). |
- Ensinos Universitarios (coa posibilidade de establecer convalidacións) |