Visor de noticias

Xunta de Galicia

  • Aberto o prazo de inscrición para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. O prazo  remata o 3 de febreiro de 2012. - Máis información

  • O CIFP Politécnico de Santiago xunto a Dielectro Industrial S.A., dentro das actividades de formación da aula Schneider, organiza una xornada de formación sobre o regulamento de infraestruturas comúns de telecomunicacións – ICT 2. Data e hora. 1 de febreiro de 2012. De 16:00 horas a 18:00 Lugar. Aula Schneider, do CIFP Politécnico de Santiago. Período de inscrición. Do 23 ao 28 de xaneiro de 2012. Destinatarios. Profesorado da Familia profesional de Electricidade e electrónica. Requisitos.  Profesorado que estea a impartir formación en materia de ICT. Inscrición. Enviar correo electrónico a cifp.politecnico.santiago@edu.xunta.es, xuntando certificación da dirección do centro educativo na que se acredite que se está a impartir formación en materia de ICT Máis información.

  • Convocadas as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior para o ano 2012. A convocatoria pódese consultar na Resolución do 12 de xaneiro de 2012, pola que se convocan de xeito ordinario probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional, para o ano 2012. - Resolución de probas de acceso 2012 - Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio - Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior  

  • Publicada a Orde do 15 de decembro de 2011 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2012.  - Ver a Orde do 15 decembro de 2011 - Máis información sobre carnés e habilitacións profesionais   

  • Convocatoria de probas para un contrato en prácticas na categoría laboral técnico electrónico en Televisión de Galicia S. A. Requisitos:Posuír Ciclo Superior de Instalacións electrotécnicas, Ciclo Superior de Desenvolvemento de productos electrónicos, Ciclo Medio de Equipos electrónicos de consumo, Ciclo Superior de Sistemas de regulación e control automáticos ou Ciclo Superior de Sistemas de telecomunicación e informáticos ou equivalentes. Inscripción:Os/as aspirantes deberán entregar en Recursos Humanos da CRTVG da súa sede en San Marcos ou enviar ó enderezo proceso.seleccion@crtvg.es un curriculum vitae indicando que é para esta proba. Período de inscrición:O período de inscrición remata o 25 de xaneiro de 2012, ás 12:00 horas. - Máis información

   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   

Temos 6 anónimos e ningún membro en liña

   
Ver accesos dos artigos
101676
   
© CIFP Politécnico de Lugo