SEPIE en TWITTER  

   

Las actas de selección de alumnado de ciclos medios y superiores se adjuntan a este artículo.

 

 

Unha vez feito o proceso de selección do profesorado, os candidatos presentados e, por tanto, seleccionados son os profesores do noso centro Mª dos Anxos Garabana e Xesús Ferreiro.

Ofertáronse dúas prazas para profesorado do CIFP do ciclo de Edu Infantil, dentro dun programa de formación coordinado por Joan Miralles (IES Antoni Maura - Baleares) para unha estadía de cinco días en Guasalla na comarca de Reggio Emilia en Italia.

A estadía farase nas derradeiras semanas de Maio, e está aberto o proceso de selección de profesorado interesado.

Ata o día 30 de Novembro podedes solicitar a inscrición no programa Erasmus+, para facer as prácticas da FCT nun país europeo.

Tanto o alumnado dos ciclos superiores como dos ciclos medios poden facer 11 semanas da FCT (a totalidade da mesma) nun país da Unión Europea (e asociados). A dotación das becas é variable, e depende do país de destino, e do rango do ciclo (medio ou superior). O responsable de Programas Internacionais está a pasar por todos os ciclos, informando das mesmas.

Todo o alumnado interesado debe cubrir unha instancia de solicitude ANTES do 30 de NOVEMBRO que pode facerse de dúas maneiras:

  • Apuntándose nesta páxina web, no apartado de inscrición.
  • Cubrindo unha folla de inscrición que está á vosa diposición na conserxería ou na aula 121. Esos formularios poden deixarse en conserxería ou depositarse nun buzón na aula 121.

Asimesmo, os ex-alumnos que remataron o curso pasado poden optar a becas similares sempre que se cumpra a data da estadía antes de facer un ano natural da data de solicitude do título.

Para máis información podedes pasar pola aula 121 de 9 a 13.30 todos os días, ou os luns pola tarde (de19 a 21) na aula 111.