Saltar la navegación

MasterFP en Ciberseguridade en Contornos das tecnoloxías de operación

Perfil Profesional

Curso de especialización: Ciberseguridade en Contornos das tecnoloxías de operación
Familia: Electricidade e electrónica
Máster de Formación Profesional
Horas: 720  (1 curso escolar)
 
Que se aprende a facer?
Definir e pór en práctica estratexias de seguridade nas organizacións e nas infraestruturas industriais, mediante a realización de diagnósticos de ciberseguridade e a identificación de vulnerabilidades, así como a execución das medidas necesarias para as arranxar, aplicando a normativa e os estándares do sector, consonte protocolos de calidade, de prevención de riscos laborais e de respecto ambiental.

En que ámbitos se traballa?

Organizacións de diversos sectores, nas que cumpra establecer e garantir a seguridade dos procesos industriais que desenvolven.

Que ocupacións se desempeñan?

  • Experto/a en ciberseguridade
  • Auditor/a de ciberseguridade
  • Consultor/a de ciberseguridade
  • Analista de ciberseguridade, todas elas en contornas da operación.

Módulos profesionais

DENOMINACIÓN DURACIÓN
Análise forense en ciberseguridade industrial 180 Horas
Ciberseguridade en proxectos industriais 100 Horas
Redes de comunicacións industriais seguras 140 Horas
Seguridade integral 180 Horas
Sistemas de control industrial seguros 120 Horas

Qué título ou acreditación se obtén?

Título de Máster en Formación Profesional

Qué requisitos de acceso se piden?   

Algunha das seguintes Titulacións:

  • Técnico Superior en Sistemas Electrotécnicos e Automatizados
  • Técnico Superior en Mecatrónica Industrial
  • Técnico Superior en Automatización e Robótica Industrial
  • Técnico Superior en Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos
  • Técnico Superior en Mantemento Electrónico

Videos