Saltar la navegación

MásterFP Tecnoloxía e Xestión Queixeira

Perfil Profesional

Curso de especialización: Tecnoloxía e xestión queixeira
Familia: Industrias alimentarias
Máster de Formación Profesional
Horas: 680 (1 curso escolar)

Que se aprende a facer?
Recoñecer e aplicar a tecnoloxía queixeira, programando e supervisando as etapas de fabricación, aplicando os sistemas de control e as técnicas de mellora continua, así como a xestión dos recursos necesarios para garantir os plans de produción, os obxectivos de calidade e seguridade alimentaria, a xestión de custos, a prevención de riscos laborais e a protección ambiental, de acordo coas normas establecidas pola empresa e a lexislación vixente.

En que ámbitos se traballa?

En empresas de fabricación de queixo, realizando tarefas de fabricación, organización da produción, xestión económica, desenvolvemento de produtos, calidade, seguridade alimentaria, prevención de riscos laborais e protección ambiental. Actuarás como mando intermedio baixo a supervisión de persoal técnico superior, aínda que en pequenas empresas terás un maior grao de autonomía e poderás asumir labores de xestión e dirección.

Que ocupacións se desempeñan?

  • Maestro queixeiro
  • Xefe de equipo en fabricación o afinado
  • Responsables de fabricación.
  • Responsables de afinado/ maduración.
  • Técnico de laboratorio queixeiro.
  • Técnico de Investigación e desenvolvemento.

Módulos profesionais

DENOMINACIÓN DURACIÓN
 Lactoloxía e técnicas analíticas. 140 horas
Tecnoloxía queixeira. 280 horas
Operacións e equipos na industria queixeira 120 horas
Xestión industrial da queixería 140 horas

Qué título ou acreditación se obtén?

Título de Máster en Formación Profesional

Qué requisitos de acceso se piden?

Algunha das seguintes Titulacións:

  • Técnico Superior en Laboratorio de análise e control de calidade.
  • Técnico Superior en Vitivinicultura.
  • Técnico Superior en Química industrial.
  • Técnico Superior en Procesos e calidade na industria alimentaria.
  • Técnico Superior en Gandería e asistencia en sanidade animal.
  • Técnico Superior en Fabricación de produtos farmacéuticos, biotecnolóxicos e afíns.
  • Técnico Superior en Química e saúde ambiental.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)